Iavé
Iavé
[RELIX]
Nome dado a Deus polo pobo de Israel na época de Moisés e de Xosué. Anteriormente a Moisés, os grupos israelitas adoraban a Deus baixo os nomes hebreos de El ou Elohim. Segundo a tradición do Éxodo, Deus revelou o seu nome de Iavé nunha aparición no Sinaí. É posible que este nome divino fose coñecido anteriormente nas rexións do S de Palestina; con todo, aínda non se puido especificar de onde proviña. Tampouco se aclarou se o sentido que a aparición do Éxodo dá a este nome é que Iavé é o ‘existente’ ou que ‘garda para si o segredo dos favores e do perdón’ que lle concedería ao seu pobo no transcurso da historia.