iberorromano -na

iberorromano -na

(< ibero- + romano)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos iberorromanos.

  2. s [HIST]

    Ibero baixo a influencia romana.

  3. arte iberorromana [ARTE]

    Arte desenvolvida polos iberos baixo dominio romano. Destacan os relevos de Osuna (Sevilla), as parellas de oferentes do Cerro de los Santos (Albacete) e o relevo da muller e o guerreiro da Albufera (Alacant).

Palabras veciñas

iberoamericano -na | iberomauritana, cultura | iberorrománico -ca | iberorromano -na | IBEX-35 | Ibi | Ibias