icacináceo -a

icacináceo -a

(< lat científico Icacina)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás icacináceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das icacináceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de fanerógamas en gran parte leñosas, xeralmente gabeadoras, flores actinomorfas, pentámeras ou tetrámeras, unisexuais ou hermafroditas e froito en drupa. Comprenden unhas 110 especies que viven principalmente en zonas tropicais.

Palabras veciñas

Ibsen, Henrik | ibuprofeno | Ica | icacináceo -a | icaco | ICAO | ICARDA