iconográfico -ca

iconográfico -ca

(< iconografía)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á iconografía.

  2. ciclo iconográfico [ARTE]

    Conxunto de temas vinculados entre si de forma narrativa ou que conteñen significados simbólicos relativos, en xeral, a dogmas ou conceptos doutrinais básicos.

  3. programa iconográfico [ARTE]

    Ideación previa e determinada dun conxunto de temas figurativos, seleccionados e ordenados segundo unha intención significativa concreta.

Palabras veciñas

iconoclástico -ca | iconodulia | iconografía | iconográfico -ca | iconógrafo -fa | iconólatra | iconolatría