itioloxía

itioloxía

(< ictio- + -loxía)

s f [ICT]

Parte da zooloxía que estudia os peixes. Esta ciencia naceu no s XVI en Francia, con Pierre Rondelet e Pierre Belon, e en Italia, con Ippolito Salviani. Tomou un grande impulso con Carl Linné e a súa nomenclatura binaria. No s XIX Cuvier describiu e clasificou todas as especies coñecidas de peixes en Histoire naturelle des poissons, que continuou o seu discípulo Valenciennes (1820). A ictioloxía viuse afectada polo salto epistemolóxico que representou a obra de Charles Darwin, e como consecuencia apareceron as primeiras teorías filoxenéticas. Na etapa posdarwiniana destacan Regan e Boulenger. Os problemas alimenticios da humanidade fixeron que a súa vertente práctica, a pesqueira, tomase unha grande importancia, sobre todo en Xapón e Rusia.

Palabras veciñas

itiol | itiolito | itiólogo -ga | itioloxía | itiolóxico -ca | itiopterixio | itiornitiforme