IDEGA
Centro da Universidade de Santiago de Compostela fundado en 1976 para a investigación básica e aplicada no ámbito interdisciplinar das ciencias socais (Economía, Historia, Xeografía e Socioloxía) sobre os problemas de desenvolvemento económico, centrados especialmente en Galicia. Con ese obxectivo, desenvolvéronse actividades docentes (estudios de Terceiro Ciclo e cursos de Posgrao e Mestrado), realizáronse informes e asesoramento técnico a institucións e empresas, creáronse bases de datos e bases bibliográficas e documentais ao servizo da comunidade científica e organizáronse seminarios, debates, congresos, reunións científicas e actividades análogas. Os proxectos de investigación elaborados a partir do IDEGA correspóndense coas seguintes liñas de estudio: economía agroalimentaria, economía galega, ordenación e desenvolvemento territorial, sistema financeiro e estudios pesqueiros.