identificador -ra

identificador -ra

(

  1. adx e s

    Que ou quen identifica ou serve para identificar.

  2. s m [LING]

    Determinante indefinido que determina o substantivo seleccionando cualitativamente tipos ou membros entre os demais da mesma clase e identificando o obxecto nomeado que algúns non concretan e outros si (certo, tal, mesmo, propio). Aínda que circunstancialmente pode posuír acepcións de cantidade, o identificador afástase do cuantificador polo significado unitario de identidade, pola posibilidade de combinarse en singular con substantivos descontinuos (outro libro, outros libros), pola posibilidade de crear adverbios en -mente (talmente, mesmamente) e pola escaseza de construcións partitivas con identificadores; só son frecuentes con calquera e outro (Calquera dos que tes aí vale. Outro dos seus consellos).

Palabras veciñas

identidade | identificable | identificación | identificador -ra | identificar | identificativo -va | ideo-