ideoloxía

ideoloxía

(

  1. s f

    Conxunto de ideas e crenzas dunha persoa ou grupo.

    Ex: Votou conforme á súa ideoloxía.

    Confrontacións: ideario.
  2. s f [FILOS/SOCIOL]
    1. Conxunto de conceptos, crenzas e ideais, de alcance factual e normativo, para explicar os fenómenos sociais e, así, dirixir as opcións sociopolíticas do individuo e da colectividade.

    2. Sistema de ideas, segundo o marxismo, disfrazadas e desorientadoras coas que a clase dominante pretende xustificar a súa posición.

    3. Ciencia filosófica, segundo A. L. C. Desttut de Tracy e os seus seguidores, que estudia as ideas ou contidos da consciencia, as súas orixes, as súas leis e as súas relacións.

Palabras veciñas

ideográfico -ca | ideograma | ideólogo -ga | ideoloxía | ideolóxico -ca | ideomorfo | ideoxenia