idiocia

idiocia
  1. s f [PAT]

    Estado de déficit de intelixencia, conxénito ou adquirido precozmente, no que o individuo posúe un cociente intelectual que oscila entre 0 e 20 e unha idade mental que non excede os tres anos, e non pode comunicarse por palabras nin comprender as expresións dos outros.

    Sinónimos: idiotez, idiotismo.
  2. idiocia amaurótica de Tay-Sachs [PAT]

    Encefalopatía lipidósica infantil, producida pola infiltración cerebral dun exceso de gangliósido G<J>M2</J>, a consecuencia dun déficit conxénito hereditario do enzima hexosaminidase A.

  3. idiocia mixedematosa/cretinoide [PAT]

    Idiocia de gravidade variable que acompaña algunhas veces o mixedema infantil e o cretinismo.

  4. idiocia mongólica [PAT]

    síndrome de Down.