Ifixenia

Ifixenia
[MIT]

Heroína grega, filla de Agamemnon e Clitemnestra. A súa lenda desenvólvese nas epopeas cíclicas e nas traxedias (non aparece na obra homérica). Agamemnon espertara a cólera da deusa Ártemis e, por esta causa, a flota aquea, preparada para marchar contra Troia, quedou paralizada na Áulida. Daquela, Agamemnon, caudillo da tropa grega, obedecendo os designios do adiviño Calcante e influído por Menelao e Ulises, mandou vir a súa filla desde Micenas para sacrificala e obter, así, ventos favorables que lles desen pulo ás embarcacións. Cando a moza xa estaba preparada no altar de Ártemis para ser inmolada, a deusa compadeceuse dela e puxo no seu lugar unha cerva. Seguidamente foi levada a Táuride (actual Crimea), onde viviu moitos anos como sacerdotisa de Ártemis. A traxedia grega inmortalizou a súa figura que, en épocas sucesivas, inspirou a outros escritores (Racine, Pindemonte, Goethe, etc), músicos (D. Scarlatti, Jommelli, Gluck, Picinni), pintores e escultores (Tiepolo, A. Feuerbach).

Palabras veciñas

Ieorgilas, Emmanuil | Ife | Ifixenia | Ifixenia | Ifni | IFR | Ifrane