IGAPE

IGAPE
Nome científico: [Instituto Galego de Promoción Económica]

Entidade de dereito público con personalidade xurídica e patrimonio propio creada por lei en 1992. É un instrumento para a promoción e o fomento do investimento produtivo en Galicia e constitúese como un órgano de acción pública directa no ámbito da oferta de servicios de alto nivel, así como un mecanismo de integración dos sectores económicos e sociais. Concentra as iniciativas e os programas de promoción e fomento do desenvolvemento de Galicia, potencia os investimentos en innovación e tecnoloxía e estimula a exportación. Entre os seus obxectivos sinálanse a promoción, fomento e potenciación das activades económicas que favorezan o desenvolvemento equilibrado das empresas, a promoción da creación de empresas, o favorecemento da modernización e innovación tecnolóxica e organizativa das empresas, o fomento da relación científica e tecnolóxica entre as universidades e as empresas, a promoción das actividades creadoras de emprego e o favorecemento das exportacións e acordos con empresas estranxeiras. Está presidido polo conselleiro de Economía e Facenda.

Palabras veciñas

Ifrane | Ifrīqiya | IGADI | IGAPE | IGFET | Iggy Pop | Iglesia Alvariño, Aquilino