ignitrón

ignitrón

(< igni- + -tron)

s m [FÍS]

álvula electrónica de vapor de mercurio que se emprega para a rectificación de correntes de grandes intensidades. O cátodo fórmase por unha masa de mercurio líquido contido nunha cubeta, e o ánodo, de grafito, ten forma de campá. A ceba faise mediante un electrodo fixo (ignitor) que ten a punta moi próxima ao mercurio, sen tocalo. O ignitrón empregouse antes da chegada dos transistores en control de potencia, é dicir, convertendo a corrente alterna en corrente continua.

Palabras veciñas

ignipotente | ignipuntura | ignitor | ignitrón | ignívomo -ma | ignominia | ignominioso -sa