imán

imán

(< fr aimant)

  1. [FÍS]
    1. s m

      Corpo que ten a propiedade de atraer o ferro. Na natureza hai determinados minerais, como a magnetita, que presentan esta propiedade (imáns naturais). Outros, como o ferro, o níquel e o cobalto, son capaces de imantarse artificialmente, por rozamento con imáns naturais ou por acción dunha corrente eléctrica que atravesa unha bobina, como é o caso do electroimán (imáns artificiais). Os puntos dun imán en que a atracción do ferro se manifesta dunha maneira máis intensa son denominados polos, que se repelen se son do mesmo signo e se atraen se presentan o signo contrario. A Terra compórtase coma un imán xigante, de xeito que, ao abandonar libremente un imán sobre a superficie da Terra, un extremo oriéntase cara ao polo norte e o outro cara ao sur. As leis físicas sobre as propiedades dos imáns constitúen o magnetismo.

    2. imáns directores

      Conxunto de imáns da agulla náutica que poden orientarse sempre na dirección N-S magnética.

  2. s m

    Persoa ou cousa que ten o poder de atraer a atención doutras persoas debido ao seu encanto intrínseco. OBS: Adoita construírse co verbo ter.

    Ex: Esta rapaza ten imán cos nenos pequenos.

Palabras veciñas

Imagen & Comunicación | imago | Imamura, Shohei | imán | imán | Imán | imanato