imaxe
(
-
[FÍS]
-
s
f
Figura formada polo conxunto de interseccións dos raios luminosos procedentes de cada un dos puntos dun obxecto (imaxe real), ou ben formada polo conxunto de interseccións das prolongacións dos raios luminosos (imaxe virtual), despois de ser modificada a súa traxectoria ao incidir nun sistema óptico ou ao atravesalo. As imaxes reais poden ser recollidas por unha pantalla, mentres que as imaxes virtuais han de ser observadas directamente, colocando o ollo na traxectoria dos raios. As imaxes dadas por obxectos reflectidos nun espello plano son sempre virtuais. Se o sistema óptico é un espello curvo ou unha lente, as imaxes serán reais ou virtuais segundo a posición relativa do obxecto e o foco do sistema.
-
imaxe anterior
Imaxe dun corpo dada pola parte do sistema no sentido contrario a como o fai normalmente nun sistema óptico, dado un corpo no interior do sistema ou no espacio imaxe.
-
imaxe posterior
Imaxe dun corpo dada pola parte do sistema óptico situada despois del cando se considera que a luz atravesa o sistema no sentido en que o fai normalmente nun sistema óptico, dado un corpo no interior do sistema ou no espazo obxecto.
-
s
f
-
s
f
-
Aparencia visible dun obxecto ou dunha persoa imitados polas artes plásticas ou gráficas.
-
[ARTE]
Representación de Xesús Cristo, a Virxe ou os santos. En España recibe o nome de imaxe de vestir aquela representación relixiosa que está formada por unha armazón de madeira á que se lle engaden os pés, as mans e a cabeza, e por último, as roupas. Empréganse tamén elementos postizos como ollos de cristal, unllas, pestanas, perrucas e outros accesorios para facelas máis verídicas. Acadaron o seu esplendor no s XVII, cando foron demandadas polas confrarías penitenciais, que as empregaban nas súas procesións.
-
-
s
f
Representación exacta de algo ou alguén.
Ex: O neno é a imaxe de seu pai.
-
s
f
Aspecto externo que ten alguén.
Ex: Deberías coidar un pouco máis a túa imaxe.
-
s
f
Consideración que os demais teñen dunha persoa.
-
s
f
[FILOS]
-
Representación interna no ámbito do cognoscible dun obxecto externo. Tradicionalmente distinguiuse entre a imaxe sensible ou impresa, que responde á representación que os sentidos fan dun obxecto singular, e a imaxe intelixible ou expresa, que corresponde á comprensión intelectual deste obxecto. Para I. Kant a imaxe é un termo medio entre a aprehensión sensible e o concepto intelectual.
-
Representación dunha experiencia perceptiva previa en ausencia da estimulación sensorial correspondente.
-
Representación sensible, pensada ou non, para ilustrar unha idea abstracta. Equivale á metáfora.
-
-
s
f
[LIT]
Relación poética entre elementos reais e irreais, ou o termo irreal desa relación.
-
[IND/ARTE]
-
s
f
Imaxe latente unha vez revelada.
-
imaxe dixital
Imaxe obtida por medio dun ordenador, da que se distinguen as dixitalizadas e as virtuais. A aparición das cámaras dixitais remóntase a 1985; estes aparellos están provistos dun escáner electrónico que permite gardar a imaxe e reproducila a través dun disco compacto nun ordenador ou nun DVD.
-
imaxe latente
Imaxe invisible obtida nos cristais das emulsións fotográficas por medio dun proceso físico-químico provocado pola acción da luz sobre os haluros de prata que compoñen os cristais.
-
s
f
-
s
f
[MAT]
-
Conxunto B dunha correspondencia definida como o subconxunto do produto cartesiano AxB.
-
Cada un dos elementos dun conxunto imaxe.
-
-
s
f
[COMUN]
Área total explorada polo feixe de electróns nos tubos analizadores e nos raios catódicos nos sistemas de televisión. Comprenden un número determinado de tramos que dependen do tipo de entrelazamento empregado; normalmente, unha imaxe ten dous tramos.
-
culto ás imaxes
[RELIX]
Veneración tributada ás representacións da divindade ou dos santos.
-
imaxe acústica
[LING]
Forma que teñen algunhas palabras na mente antes de ser actualizadas pola fala ou a representación gráfica.
-
[FILOS]
-
imaxe dunha clase
Clase de todos os elementos que manteñen a relación R cun membro ou con diversos membros dunha clase A na lóxica das relacións. Simbolicamente represéntase R”A = def x (X y) (y EA xRy).
-
imaxe xenérica
Imaxe esquemática coa que se pode representar calquera elemento dunha clase ou categoría de obxectos.
-
imaxe dunha clase