imaxinería

imaxinería

(< imaxineiro)

  1. s f [ARTE]

    Arte de tallar ou pintar imaxes relixiosas.

  2. s f [TECNOL]

    Conxunto das técnicas que teñen por finalidade obter unha imaxe, sexa unha imaxe formada a consecuencia dalgún tipo de interacción entre o obxecto e un sinal (luminoso, electromagnético ou sonoro) ou ben unha imaxe xerada directamente por un proceso informático. No primeiro caso, fálase de imaxinería óptica se o obxecto emite ou reflicte un sinal electromagnético pertencente ao espectro visible (representación óptica, fotografía, cinematografía, televisión ou holografía); fálase de imaxinería non óptica se o obxecto emite ou reflite un sinal non óptico susceptible de admitir algún tipo de tratamento de imaxe (termografía, radiografía, gammagrafía, sismografía e ecografía). No caso da síntese de imaxes, un programa e un sistema informático permiten, a partir do tratamento dun conxunto de datos, a xeración dunha imaxe (sintética).

  3. s f

    Conxunto de imaxes empregadas por un escritor, unha escola ou nunha época.

Palabras veciñas

imaxinario -ria | imaxinativo -va | imaxineiro -ra | imaxinería | imaxinismo | Imbābah | Imbabura