impedancia
(< fr impédance)
-
s
f
[FÍS]
Cociente entre a tensión e a corrente dun circuíto de corrente alterna. Fai referencia á resistencia aparente do circuíto. Represéntase por Z e é un vector de compoñentes R (resistencia) e X (reactancia), é dicir Z = R + X. A expresión complexa de Z é Z = V/I = R + jX, e en módulo Z = √——R2—— +—— X2. A unidade de medida é o ohm.
-
impedancia acústica
[FÍS]
No estudo da propagación dun son, magnitude igual ao cociente entre a amplitude de presión acústica e a amplitude de velocidade das partículas do medio.
-
impedancia mecánica
[FÍS]
No estudo das oscilacións rectilíneas dunha masa m, conectada a un resorte de constante k e sometida a unha forza periódica de pulsación w, magnitude dada pola fórmula
FORMULA
onde f é a constante de proporcionalidade entre a fricción e a velocidade. -
impedancia operacional Z
Nun circuíto lineal e invariante, sen fontes independentes e condicións iniciais nulas, relación entre as transformadas de Laplace da tensión nos terminais dun biporte e a intensidade da corrente que entra no circuíto polo terminal positivo.