imperfección

imperfección

(

  1. s f

    Calidade de imperfecto.

    Ex: A imperfección do seu traballo ocasionou o fracaso do proxecto.

  2. s f

    Aquilo polo que algo ou alguén non é perfecto.

    Ex: A súa obra está chea de imperfeccións.

    Sinónimos: chata, defecto, falta, tacha.

Refráns

  • Madeixa enzaramallada, quen te enzaramallou ¿por que non te devana?
  • Madeixa enzaramallada: quen te fiou ¿por que non te ensarillou?
  • Moito e ben non o fai ninguén.
  • Ó mellar escribidor esgállaselle a pluma.
  • O mellor nadador afoga no río.