implosión
implosión
(< explosión, con cambio depref)
-
s
f
[FÍS/TECNOL]
Acción de esnaquizarse, de romper subitamente de fóra a dentro, ao cederen as paredes dun recipiente sometido a unha presión exterior superior á interior.
-
s
f
[FÍS/ASTRON]
Precipitación violenta da materia dun astro cara ao seu centro de colapso gravitacional.
-
s
f
[LING]
Primeira fase da articulación dun fonema oclusivo, caracterizada por un movemento de aproximación dos órganos supraglóticos no estado específico ou normal daquel fonema. Adoita coincidir parcialmente co momento distensivo da articulación precedente.