imposición

imposición

(< lat impositĭōne)

  1. s f
    1. Acción e efecto de impoñer ou impoñerse.

      Ex: Non me quero someter a imposicións alleas ó meu xefe directo. Non tolero as imposicións.

    2. [ECON]

      Cantidade de diñeiro que se impón.

    3. imposición de mans [RELIX]

      Xesto mediante o que se consagran ou bendicen persoas ou cousas.

    4. imposición da cinsa [RELIX]

      Cerimonia do mércores de cinsa consistente en impoñer unha pouca cinsa sobre a cabeza dos fieis en sinal de penitencia.

  2. s f [DER]
    1. imposto.

    2. Volume de impostos atribuídos a un período.

  3. s f [GRÁF]

    Distribución dun determinado número de páxinas, na orde e posición preestablecidas e coas marxes indicadas, sobre unha superficie axeitada para que, unha vez impreso e pregado o folio, queden correctamente ordenadas.