impotencia
impotencia
(< lat impotentĭa)
-
s
f
Calidade de impotente.
-
s
f
Falta de capacidade para facer algo.
-
s
f
[PAT]
Incapacidade do home para acadar a erección. É primaria ou total cando se manifesta desde o inicio das primeiras experiencias sexuais dun individuo, e secundaria ou relativa cando se manifesta nalgún momento da vida sexual dun individuo. Ámbalas dúas son debidas a unha multiplicidade de factores etiolóxicos, tanto orgánicos coma psíquicos.