improvisación
(< improvisar)
-
s
f
Acción de improvisar.
-
s
f
-
Cousa improvisada.
-
[MÚS]
Execución musical espontánea non codificada nin escrita. Na música polifónica medieval, improvisábase sobre un canto dado. A partir do s XVI foi a base da música instrumental que acompañaba e enriquecía o canto. Formas musicais baseadas na improvisación foron o preludio, o tiento, a intonatio, a fantasía e o ricercare. Nos ss XVII e XVIII foi limitada aos instrumentistas de teclado e ás cadencias de concertos e música vocal. A música de jazz está estreitamente vinculada á improvisación.
-
[ESPECT]
Invención de diálogo no curso dunha interpretación. A improvisación constitúe unha das características principais da commedia dell’arte. Nas técnicas modernas empregouse a improvisación de diálogo e accións durante os ensaios como unha medida de integración do actor no proceso de creación.
-