-in(o/a)
(< lat -īnu)
-
suf
Forma sufixada de orixe latina que se emprega na formación de adxectivos co significado de ‘orixe’ ou ‘natureza.
Ex: alacantino, salmantino.
-
suf
[QUÍM]
Forma sufixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras para designar substancias derivadas doutras, especialmente simbolizando ‘presencia de nitróxeno’. Dependendo da base pode adoptar diferentes contidos semánticos: orixe da substancia (cafeína, cocaína), propiedade da substancia (acromatina, dextrina), efecto da substancia sobre o organismo (morfina, narcotina), nome do inventor ou descubridor (brucina, de J. Bruce), nome dos aminoácidos (glicina), nome dunha proteína (mioglobina), composto heterocíclico con anel de seis membros (azina) ou composto orgánico cun ou máis aneis aromáticos (anilina).