incidencia

incidencia

(

  1. s f

    Acción e efecto de incidir.

    Ex: O prezo dos combustibles ten moita incidencia sobre o IPC.

  2. s f

    Feito ou suceso que ocorre no desenvolvemento dun asunto.

    Ex: Fixeron a viaxe sen ningunha incidencia salientable.

    Sinónimos: incidente.
  3. [FÍS]
    1. s f

      Choque contra unha superficie de elementos como un proxectil ou unha radiación.

    2. ángulo de incidencia

      Ángulo formado pola súa dirección de propagación e a normal á superficie no punto mencionado cando incide un proxectil ou unha radiación sobre un punto dunha superficie.

    3. punto de incidencia

      értice do ángulo de incidencia.

  4. grao de incidencia [ECON]

    Medida en que un suxeito económico é afectado polas obrigas tributarias.

  5. incidencia do imposto [ECON]

    Repercusión efectiva da imposición fiscal.

Palabras veciñas

inchón | inchume | Inch’ n | incidencia | incidental | incidente | incidir