Inclán
Inclán
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que se estableceu no lugar de Currás, Caleiro (Vilanova de Arousa). As súas armas traen escudo partido e medio cortado: primeira partición, en campo de azul, cun castelo de pedra, de tres torres, e asomada a unha ventá, unha doncela cunha espada na man destra e un can ao natural en actitude de acometer, diante da porta; segunda partición, en campo de ouro, cun piñeiro de sinople, afroitado de ouro, terrazado de sinople, acompañado de tres flores de lis de goles, unha en xefe e unha en cadanseu flanco. Algúns levan, en campo de sinople, unha espada de prata, alta. Outros, en campo de prata, unha árbore de sinople, afroitada de ouro; bordo de azul, con tres flores de lis de ouro, unha no medio do xefe, e unha en cada flanco.