inclusión

inclusión

(

  1. s f

    Acción e efecto de incluír.

    Sinónimos: inserción.
  2. s f [BIOL]

    Partícula ou corpúsculo sólido que hai no citoplasma celular onde se acumulan substancias de natureza variada, como lipídica ou proteica. As principais inclusións son resultado de procesos metabólicos da célula, como grans de amidón e de glicóxeno, gránulos vitelinos e de secreción, gotas de graxas ou cristais de natureza inorgánica, entre outros. Pode ser que a substancia acumulada sexa de reserva.

  3. s f [FÍS]

    Substancia sólida, líquida, gasosa ou mixta que queda englobada no interior dun cristal no momento de cristalizar.

  4. s f [BIOL]

    Técnica histolóxica que consiste na introdución dunha substancia nun material biolóxico para darlle consistencia e poder cortalo en seccións finas ou superfinas. É común o uso de parafina e resinas sintéticas.

  5. s f [MAT]

    Pertenza (expresada por 0), na álxebra de clases e na de relacións,  de todos os membros dunha clase a outra ou dunhas relacións a outras. Simbolicamente, a inclusión de clases defínese como A 0 B = df(x) (x ∈ A . x ∈ B), e a de relacións como R 0 S = df(x) (y)(xRy . xSy).

  6. [MAT]
    1. s f

      Relación de orde parcial entre conxuntos, representada mediante o símbolo 0(ou, ás veces, 1), definida pola condición A 0 B (ou A 1 B) se, e soamente se, todos os elementos de A pertencen a B. Neste caso, dise que o conxunto A está incluído no conxunto B ou que A é un subconxunto de B. Se A non está incluído en B, exprésase A 2 B.

    2. inclusión estricta

      Relación de orde estrita entre conxuntos, representada mediante o símbolo  Z, definida pola condición A Z B se, e soamente se, todos os elementos de A pertencen a B pero A non é igual a B (é dicir, B ten elementos diferedtes aos de A). Neste caso, dise que o conxunto A está incluído estritamente no conxunto B ou que A é un subconxunto estricto de B.

  7. s f [IND]

    Partícula que, nun metal ou aliaxe, é heteroxénea a este e queda incluída na masa metálica solidificada. Pode ter diferentes orixes -metálica, non metálica-, e alteran as características mecánicas da aliaxe.

  8. s f [XEOL]

    Tratamento dunha mostra de solo con produtos aglutinantes para poder facer cortes microscópicos.

Palabras veciñas

inclinómetro | ínclito | incluír | inclusión | inclusive | inclusivo -va | incluso