incómodo -da

incómodo -da

(< incomodar)

  1. adx

    Que non ten comodidade.

    Ex: Durmimos na cama máis incómoda da casa.

    Sinónimos: inconfortable.
  2. adx

    Que incomoda ou molesta.

    Ex: Estou un pouco incómodo con esta roupa tan axustada.

  3. adx

    Que fai que alguén non se sinta a gusto.

    Ex: Séntense incómodas na súa compaña.

Refráns

  • Aquel que se queima ten o rabo de palla.
  • Mal se bican dous anoxados.
  • O moito barallar chega a enfadar.
  • O que moito fala, enfada.
  • O que se pica, allos come.

Palabras veciñas

incomestible | incomodar | incomodidade | incómodo -da | incomparable | incompatibilidade | incompatible