Indias Orientais

Indias Orientais

Denominación que recibiron os territorios de Extremo Oriente por oposición ás Indias Occidentais. Inicialmente o nome referíase a China, India e Xapón, pero estendeuse ás posesións europeas no SL asiático e en Oceanía. O nome foi adoptado tamén por diversas compañías comerciais que traficaban entre Europa, Asia oriental e Oceanía, como a Compañía da India Oriental (1599) e a Compañía Holandesa das Indias Orientais (1602).

Palabras veciñas

Indias | Indias Occidentais | Indias Occidentais | Indias Orientais | Indias, Leis de | Indíbil | indicación