indicador -ra
(< indicar)
-
adx e s
Que ou quen indica ou serve para indicar.
Ex: Seguiron as marcas indicadoras. Os indicadores estaban mal colocados.
-
s
m
[METROL]
Agulla dun reloxo de sol.
Sinónimos: gnomon. -
s
m
[ECON]
Cifra ou variable que serve de referencia para obter información sobre o desenvolvemento económico. Algúns indicadores son a renda per cápita e o Produto Interior Bruto.
-
s
m
[QUÍM]
Composto químico empregado en análise para pór de manifesto, xeralmente por un cambio de cor, o punto de equivalencia das volumetrías. Os indicadores de neutralización son ácidos ou bases débiles, con forma ionizada de diferente cor cá forma molecular. Para as volumetrías de precipitación empréganse indicadores que dan lugar, no punto final, á aparición ou desaparición dun precipitado ou dunha coloración característica, ou ben os indicadores de adsorción ou de Fajans, coa forma ionizada adsorbida polo precipitado. Os indicadores metalocrómicos son colorantes orgánicos capaces de formaren complexos de cor diferente á do colorante. Os indicadores redox son substancias oxidables ou reducibles, con formas oxidadas e reducidas de cores diferentes.
-
[TECNOL]
-
s
m
Instrumento que se emprega para sinalar a presenza ou medir a intensidade dun fenómeno ou unha magnitude física, velocidade, presión ou corrente eléctrica.
-
indicador de nivel
Dispositivo de funcionamento mecánico ou eléctrico que se emprega para controlar o nivel do líquido contido nun depósito ou noutro recipiente. O máis sinxelo é un tubo de vidro comunicado co recipiente e que, por vasos comunicantes, ten sempre o mesmo nivel de líquido.
-
indicador de presión
Dispositivo para determinar o diagrama de presións no interior do cilindro dun motor de explosión en función do percorrido do émbolo.
-
indicador de sintonía
Dispositivo empregado en certos receptores de radio para indicar o punto exacto de sintonía. Nos receptores antigos era un tubo electrónico especial, o ollo máxico, pero actualmente empréganse indicadores galvanométricos ou ben díodos electroluminiscentes.
-
s
m
-
indicador bacteriolóxico
[ECOL]
Bacteria que coa súa presenza indica a existencia de polución orgánica ou de microorganismos patóxenos nun medio, xeralmente acuoso. Os indicadores bacteriolóxicos máis amplamente utilizados son os números totais de microorganismos, de coliformes, de Escherichia coli, de Streptococcus fecais e de Vibrio cholerae.
-
indicador ecolóxico
[ECOL]
Organismo que indica a existencia dunhas condicións determinadas de clima, sol, temperatura ou polución dunha rexión ou hábitat.
-
indicador físico
[FÍS]
Parámetro empregado para tipificar a existencia de polución dun medio, xeralmente acuoso. Os indicadores físicos máis correntes son os sólidos totais, a temperatura, a cor, o olor e a turbidez.
-
indicador químico
[QUÍM]
Parámetro químico que se utiliza para tipificar a existencia de polución dun medio, xeralmente acuoso. Os máis usuais son a demanda biolóxica de osíxeno (DBO), a demanda química de osíxeno (DQO), o nitróxeno orgánico, o ácido sulfhídrico e o osíxeno disolto.