índice
(< lat indĭce)
-
adx e s
m
Aplícase ao dedo da man entre o polgar e o maior.
Sinónimos: furabolos, mostreiro. -
s
m
Indicio ou sinal de algo.
Ex: As súas accións son índice da pouca educación que ten.
-
s
m
-
Instrumento ou parte del que sinala ou indica algunha cousa.
-
[ASTRON]
-
-
-
s
m
Número que expresa a relación entre dúas ou máis magnitudes que se emprega para comparar factores ou magnitudes máis complexos.
-
s
m
[ANTROP/FISIO]
Relación antropométrica feita entre dúas magnitudes do corpo humano. Emprégase nos estudios antropométricos. Os índices empregados con máis frecuencia son o índice cefálico, que consiste en dividir a lonxitude da cabeza pola súa largura, o índice facial, que se obtén dividindo a lonxitude pola largura da cara, e o índice nasal, en que se leva a cabo a mesma operación entre a anchura e a lonxitude do nariz. Nos tres casos o cociente obtido multiplícase por 100.
-
Índice de Prezos ó Consumo
IPC.
-
índice xeral de Bolsa
[ECON]
Indicador que expresa a evolución relativa da cotización dun valor, dun sector ou dun mercado nos sucesivos períodos de cotización bolsista, tomando como base o valor nunha data determinada.
-
s
m
-
s
m
[BIBLIOT]
-
Lista ou táboa ordenada do contido dun libro, dos seus capítulos, das ilustracións, das materias e dos nomes propios que figuran nel.
-
Catálogo alfabético ou cronolóxico de autores ou materias dos manuscritos e volumes que se gardan nun arquivo ou nunha biblioteca. A automatización das bibliotecas e das fontes documentais levou á multiplicación dos indíces na forma (alfabético, numérico, alfanumérico), no contido (de títulos, de autores, de materias, dicionario), e nas funcións (acumulativo, analítico e outros). O acceso á consulta das bases de datos ou dos catálogos automatizados realízase a través do índice ou ficheiros inversos.
-
-
s
m
[MAT]
Ecuación matemática utilizada para obter os valores da variación dun fenómeno determinado. O índice estatístico adoita denominarse tamén taxa, coeficiente ou ratio. En econometría e demografía, a presentación dos datos en forma de números índice permite analizar dunha maneira sintética a evolución correspondente. Fálase, así, de índice simple (índice de prezos ou de produción dunha mercadoría) cando se expresan variacións dunha soa magnitude, e de índice composto (índice do custo da vida ou de prezos por xunto) cando se recolle a variación conxunta de magnitudes diversas.
-
s
m
[MAT]
Número ou letra que expresa o grao dunha raíz.
-
s
m
[MAT]
Signo distintivo que se lle engade a unha letra cando é utilizada para representar magnitudes análogas pero non iguais.
-
índice de cor
[ASTRON]
Diferencia entre as magnitudes aparentes dun astro medidas en dúas lonxitudes de onda diferentes. Antes do establecemento do sistema UBV, empregábase o denominado índice de cor internacional, igual á diferenza entre as magnitudes aparentes fotográfica e fotovisual. O índice de cor dá unha idea da temperatura superficial do astro e emprégase a miúdo en cómputos da temperatura efectiva ou do tipo espectral.