INDITEX
INDITEX
Grupo de case un centenar de sociedades vinculadas ao deseño, fabricación e distribución téxtil, creado en 1985. A actividade do grupo iniciouse coa apertura da primeira tenda de roupa Zara na Coruña, sede central do grupo, en 1975. Fundado e presidido por Amancio Ortega Gaona, desde 1988 abriu tendas en Portugal (1988), Nova York (1989), París (1990), e numerosos países de catro continentes (Arxentina, Xapón, Canadá, Emiratos Árabes e Islandia). Desde 1991 engadíronse ao grupo as marcas Pull&Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius e Oysho. En maio de 2001 comezou a súa cotización no mercado bolsista.