individuo -dua

individuo -dua

(< lat individŭu)

  1. adx

    indivisible.

  2. s

    Persoa da que non se sabe ou non se quere dicir o seu nome.

    Ex: Entrou unha individua que non coñeciamos. A ese individuo nin o menciones.

  3. s m

    Membro que pertence a unha clase ou corporación.

    Ex: Deu a conferencia un individuo da Real Academia.

  4. s m [BIOL]

    Cada ser organizado e independente, sexa vexetal ou animal.

  5. s m [FILOS/SOCIOL]
    1. Cada un dos seres organizados, sexan animais ou vexetais, respecto á especie á que pertencen.

    2. Persoa, considerada illadamente e cun elemento irredutible, como tal, ao grupo ou comunidade.