indución

indución

(< lat inductĭōne)

  1. s f

    Acción e efecto de inducir.

  2. s f [DER]

    Delito que consiste en inducir a unha persoa a cometer unha acción delitiva. O indutor é considerado responsable do delito como autor formal e o inducido como simple autor material.

  3. [FÍS]
    1. inducción electromagnética

      Produción dunha forza electromotriz nun circuíto pechado percorrido por un fluxo magnético variable, ou nun elemento de circuíto móbil que corta un fluxo magnético. O valor desta fem vén dado pola lei de Faraday.

    2. inducción mutua

      Produción dunha fem nun circuíto a causa das variacións da corrente que circula por un circuíto próximo. Mídea o coeficiente de indución mutua, denominado xeralmente indutancia mutua.

    3. inducción propia

      autoindución.

  4. [FISIOL]
    1. s f

      Proceso que orienta a diferenciación das células embrionarias e controla a forma definitiva do embrión a partir dun centro organizador.

    2. inducción asimiladora

      Indución que actúa sobre un tecido non diferenciado. Dáse nos enxertos artificiais.

    3. inducción somática

      Indución que actúa sobre as células xerminais.

  5. s f [FISIOL/BOT]

    Iniciación dun proceso fisiolóxico (xerminación, floración) determinada por un estímulo (fotoperíodo, fitohormonas).

  6. s f [FILOS]

    Razoamento mediante o que se remonta desde o coñecemento dos fenómenos, feitos ou casos á lei ou principio xeral que os contén ou que se efectúa en todos eles. Como método cognoscitivo foi formulado por Aristóteles e superado na ciencia antiga e medieval pola dedución. Rexurdiu no s XIII e triunfou na ciencia experimental a partir do Renacemento.

  7. s f [MAT]

    Método para demostrar a validez dunha sucesión numerable de proposicións P 1 , P 2 ,..., P n ,... que consiste en demostrar a proposición P 1 e que a validez de P n implica a validez de P n+1 .

  8. s f [MED]

    Período transcorrido entre a inhalación ou a inxección dun anestésico e o momento en que se acada o nivel óptimo de anestesia.

  9. indución eléctrica [FÍS]

    desprazamento eléctrico.

  10. indución electrostática [FÍS]

    Fenómeno que consiste na modificación da distribución da carga eléctrica dun corpo neutro por acción dun campo eléctrico ou dun corpo cargado próximo, de xeito que certas zonas do corpo queden electrizadas sen variar a súa carga total.

  11. indución enzimática [BIOQ]

    Mecanismo de estimulación da síntese dun determinado enzima por un substrato, en que o enzima se sintetiza de novo a partir dos aminoácidos. Como resultado, actívase o mecanismo do substrato primitivo como tamén o doutros substratos metabolizados polo mesmo enzima. Este fenómeno explícase segundo a hipótese do operón de Jacob e Monod.

  12. indución magnética [FÍS]

    ector tal que a forza producida por un campo magnético sobre un elemento de corrente é igual ao produto vectorial deste elemento polo dito vector. A indución magnética é o cociente entre o fluxo magnético e a superficie percorrida por el. A unidade de medida no SI é o tesla.

Palabras veciñas

índrido -da | indubidable | inducido -da | indución | inducir | indulina | indultar