inercia

inercia

(< lat inertĭa)

    1. s f [FÍS]

      Resistencia que presentan os corpos a modificar o seu estado de repouso ou de movemento. O concepto de inercia foi introducido por Galileo na súa lei ou principio de inercia, que máis tarde foi adoptado por Newton como a primeira das súas leis dinámicas (leis do movemento de Newton).

    2. momento de inercia [FÍS]

      Na rotación dun corpo arredor dun eixe determinado, resistencia do corpo a modificar a súa velocidade de rotación. É o cociente entre o momento resultante das forzas e da aceleración angular, e se o corpo está constituído por n partículas de masa m i , situadas a unha distancia r i do eixe, o momento de inercia resulta da fórmula I eix =Σ n i=1m i r 2 i mentres que se o corpo está constituído por unha distribución continua de masa, a fórmula é I eix = ʃ v r 2 dm

    3. navegación por inercia / [AERON/MAR]

      Sistema de navegación que se basea na medida das forzas de inercia inducidas polo movemento do vehículo (barco, aeronave). OBS: Tamén se denomina navegación inercial.

  1. s f
    1. Tendencia a facer ou dicir algo por costume ou por imitación.

      Ex: Cando un can ouvea os outros fan o mesmo por inercia.

    2. Falta de enerxía, de axilidade ou de capacidade de reacción fronte a un problema, un obstáculo ou algo que se debe facer.

      Ex: Os operarios deben saír da inercia e mobilizarse.

  2. s f [PAT]

    Falta de actividade dun órgano, un sistema ou un corpo.

Palabras veciñas

ineptitude | inepto -ta | inequívoco -ca | inercia | inercial | inerme | inerrancia