infancia

infancia

(

  1. s f
    1. Primeiro período da existencia dunha cousa susceptible de desenvolvemento.

      Ex: A infancia dunha lingua literaria. A infancia dunha civilización.

    2. [PSIC]

      Período da vida que comprende desde o nacemento ata a adolescencia e que adoita dividirse en primeira infancia e segunda infancia, separadas ambas as dúas pola aparición dos segundos dentes. A ciencia biopsicolóxica foi precisando a especifidade desta fase en relación coa adolescencia, a mocidade e o mundo adulto, e o estudo psicolóxico da infancia dividiuna en subperíodos e fixo unha descrición sintética sobre a base do interese dominante ou o trazo máis significativo, ou ben analizou as aptitudes, facultades e actitudes do neno de acordo co esquema científico elaborado polo adulto normal. Adolphe Ferrière distingue tres ciclos de interese: o dos diseminados e lúcidos (ata os 7 anos), o dos inmediatos (7-10 anos) e o dos especializados (10-12 anos), mentres que Édouard Claparère menciona catro: o dos perceptivos (primeiro ano), o dos glósicos (segundo e terceiro), o dos xerais, propio do desvelo intelectual (3-7 anos), e o dos especiais e obxectivos (7-8 anos). Kirpatrick distingue tamén catro períodos: o presocial (primeiro ano), o da imitación (ata os 3 anos), o da individualización (ata os 5 anos) e o da competencia (ata os 12 anos). Destacan os estudios de Jean Piaget sobre a xénese da intelixencia e a formación do pensamento infantil, moi ligados ao contorno social.

  2. s f

    Conxunto dos nenos.

    Ex: Organizouse a festa para a infancia.

  3. s f [DER]

    Período da vida que comprende desde o nacemento ata a adolescencia suxeito a uns dereitos especiais, recollidos na Declaración Internacional dos Dereitos do Neno.

Palabras veciñas

infamatorio -ria | infame | infamia | infancia | infando -da | infantado | Infantado, duque de