inmanencia

inmanencia

(< inmanente)

  1. [FILOS]
    1. s f

      Calidade do que é inherente a un ser ou a un conxunto de seres e que non é o resultado dunha acción exterior a eles.

    2. filosofía da inmanencia

      Sistema de pensamento idealista que identificou a realidade coa consciencia, considerada esta como a unión do eu cos seus obxectos.

    3. principio de inmanencia

      Principio ontolóxico ligado á filosofía de M. Blondel segundo o que toda expresión humana está presa no mesmo tecido intelixible.

  2. principio de inmanencia [LING]

    Principio polo que, segundo a terminoloxía de F. de Saussure, o obxecto da lingua é ela mesma, considerada dende o punto de vista estrutural e na relación que hai entre os dous elementos, orixinados da abstracción da substancia lingüística. Considerouse o punto de partida da glosemática.