inmenso -sa

inmenso -sa

(< lat immensu)

  1. adx

    Que non se pode medir por ser infinito ou ilimitado.

    Confrontacións: incalculable.
  2. adx

    Que é tan grande en número ou tamaño que é moi difícil de medir ou contar. OBS: Emprégase normalmente con valor ponderativo.

    Ex: Posúe inmensas riquezas. Unha inmensa distancia separábaos da terra.Ten unha inmensa paciencia con vós.

    Confrontacións: incalculable.