Inocencio/Inocencia

Inocencio/Inocencia
[ONOM]

Antropónimo que deriva do nome latino Innocentia ‘que é inocente’, ‘que non fai dano’ (in- + nōcere ‘ferir’). Ten os hipocorísticos Nocencio, Chencho, Xenxo/Chencha, Xenxa, Sensa. Levaron este nome 13 papas e, entre as santas, destacan a Inocencia de Rimini (s V), virxe e mártir baixo Diocleciano, celebrada o 16 de setembro; e santa Inocencia de Ravenna, celebrada o 1 de febreiro. A festividade de santo Inocencio celébrase o 28 de xullo.

Palabras veciñas

Inocencio VIII | Inocencio XI | Inocêncio, Francisco da Silva | Inocencio/Inocencia | inocentada | Inocente | inocente