ínsubro
ínsubro
-
adx
Relativo ou pertencente aos ínsubros.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo ínsubro.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo celta procedente da Galia que se estableceu no territorio ao N do río Po cara ao s V a C e con capital en Mediolanum. Aliados de Aníbal durante a Segunda Guerra Púnica, foron sometidos polos romanos (194 a C). Obtiveron a cidadanía latina en 89 a C e a romana en 49 a C.