Insulindia
Insulindia
Denominación do conxunto de illas do Sueste Asiático situadas ao S do mar da China Meridional, comprendidas entre a península de Malacca ao O, Taiwán ao L, e Australia ao S. Politicamente comprende Indonesia (excepto o seu sector da Nova Guinea), Filipinas, a parte insular de Malaisia, Timor Oriental e Brunei. Entre as numerosas illas, destacan Sumatra, Xava, Madura, Bali, Borneo, Luzón, as illas da Sonda e Molucas. A maior parte delas posúen volcáns axtivos e sofren frecuentes terremotos.