integral

integral

(

  1. adx
    1. Que comprende todas as partes e todos os elementos.

      Ex: Fixéronlle unha revisión integral ó coche.

    2. [LING]

      Aplícase ao método das escolas modernas de filoloxía e de lingüística estrutural que pretende estudar un fenómeno lingüístico dentro do conxunto total do sistema en que este fenómeno se produce.

  2. [MAT]
    1. adx

      Relativo ou pertencente á integración.

    2. s f

      Resultado da integración dunha función.

    3. s f

      Nome do símbolo c utilizado para indicar unha integración.

    4. s f

      No sentido máis xeral, forma lineal μ sobre certos espacios vectoriais de funcións, que asigna a cada función f do espazo un escalar μ(f) nomeado integral de f. Distínguense tres tipos fundamentais: a integral de Riemann, a integral de Riemann-Stieltjes e a integral de Lebesgue. A integral de Riemann ten unha interpretación xeométrica sinxela tal como foi definida co fin de calcular áreas e volumes de figuras xeométricas. Se [a,b] é un intervalo pechado da recta real e f é unha función fixada definida en [a,b], determínase a integral de Riemann superior e a integral de Riemann inferior. Se estes dous termos son iguais, dise que a función f é integrable no sentido de Riemann en [a,b], e o seu valor común denomínase integral de Riemann de f en [a,b] e escríbese ∫ b a fdx ou por ∫ t a f(x) dx. Nesta integral f é o integrante e a e b son os límites da integración. Esta integral ten unha interpretación xeométrica: a integral ∫ b a f dx dá a área limitada pola gráfica da función f e o eixe das abscisas, entre os puntos a e b deste. Doutra banda, permite xerar, a partir do concepto de integral indefinida, as primitivas dunha función, de xeito que a integral, entente coa operación sobre funcións, realiza un papel inverso ao da derivada. Derivada e integral, xuntamente cos conceptos de función, límite e continuidade, constitúen a base da análise matemática. Un tipo máis xeral de integral é a chamada integral de Riemann-Stieltjes, que se define dunha maneira análoga. A integral de Lebesgue require, para definila correctamente, empregar un espazo medible e unha medida, convenientemente definida. A integral ata aquí definida denomínase tamén integral simple porque dá pé ao cálculo da integral múltiple (integral dobre, triple, etc) e das integrais de liña, de superficie e de volume.

    5. integral curvilínea/de liña

      Dada unha curva C parametrizada por r (t) no espacio, e unha función vectorial f definida e fixada sobre a curva C, o valor dado pola integral


      FORMULA


      cando esta existe. Denomínase integral de f ao longo de C.

    6. integral definida

      Integral oposta a integral indefinida.

    7. integral de superficie

      Dada unha superficie S no espacio, parametrizada pola asignación (u,v) e unha función real f definida e fixada sobre S, valor dado pola integral  


      FORMULA2


      Cando esta integral dobre existe. Denomínase integral de f sobre S.

    8. integral de volume/triple

      Integral múltiple no caso particular n = 3. Escríbese ccDf[r(x,y,z) dxdydz

    9. integral dobre

      Integral múltiple no caso particular n = 2. Represéntase mediante ccDf[r(x,y)dxdy.

    10. integral do movemento

      Integral primeira, especialmente en mecánica.

    11. integral dunha ecuación diferencial

      Solución dunha ecuación diferencial.

    12. integral impropia/xeneralizada

      Integral que, a causa de non ser definida ou fixada a función que hai que integrar nalgún punto do seu dominio de definición, non se pode calcular directamente. Así, cando a función f non é definida ou fixada nun punto c do seu dominio de definición [a,b], defínese a integral impropia de f en [a,b] por


      FORMULA3


      se estes dous límites existen, a integral denomínase converxente e, no caso contrario, diverxente.

    13. integral indefinida

      Dada unha función f:[a,b]0ODO, función F definida en [a,b] pola integral F(x)= caxf(t)dt. Esta función é unha función primitiva da función f, por como a súa derivada é igual a f, F‘(x) = f(x).

    14. integral múltiple

      Dado un dominio D de On, e unha partición en dominios elementais Di de áreas ai e diámetros di, e dada unha función real definida sobre D, f:D0ODO, límite I cando os di tenden a 0, das sumas de Rieman


      FORMULA4

    15. integral primeira

      Nunha ecuación diferencial ordinaria de segunda orde, ecuación diferencial ordinaria de primeira orde, que resulta de facer unha integración na ecuación orixinal.

    16. integral simple

      Integral oposta á integral múltiple.

  3. adx

    Aplícase aos alimentos que conservan todos os seus compoñentes.

    Ex: Compra pan integral. Comeu arroz integral con luras.

Palabras veciñas

integracionista | integrador | intégrafo | integral | integrante | integrar | Integridad, La