introgresión

introgresión
  1. s f [XEN]

    Fenómeno de retroentrecruzamento espontáneo reiterado dun híbrido interespecífico cunha ou coas dúas especies parentais.

  2. introgresión alopátrica [XEN]

    Introgresión que ten lugar entre especies que ocupan áreas xeográficas diferentes.

  3. introgresión simpátrica [XEN]

    Introgresión que ten lugar entre especies que teñen distribucións xeográficas semellantes pero que se manteñen separadas por barreiras ecolóxicas.

Palabras veciñas

introdutivo -va | introdutor -ra | introdutorio -ria | introgresión | introito | intromisión | intrón