inválido -da

inválido -da

(< lat invalĭdu)

    1. adx

      Que non ten forza nin vigor.

    2. adx e s

      Que ou quen ten un defecto físico ou mental, sexa conxénito ou adquirido, que o imposibilita para cumprir o seu traballo.

  1. adx
    1. Que non ten validez.

    2. [DER]

      Aplícase ao contrato ou negocio que non produce efectos xurídicos, debido a erros na súa redacción ou vicios nos seus elementos esenciais.

Palabras veciñas

invalidante | invalidar | invalidez | inválido -da | invar | invariabilidade | invariable