inverno
inverno
(
s
m
[CLIMAT]
Estación do ano que segue ao outono e precede á primavera. No hemisferio boreal comeza o 21 de decembro, co solsticio de inverno, e remata o 21 de marzo, co equinoccio de primavera; no hemisferio austral comeza o 21 de xuño, co outro solsticio, e conclúe o 21 de setembro, data do segundo equinoccio do ano. En cada caso, é a época do ano que se caracteriza polas temperaturas máis baixas.
Refráns
- A inverno chuvioso, verán abondoso.
- Cando no inverno oíres tronar, vende os bois e bótao en pan.
- Cando Santos acaba, o inverno empeza.
- Con ben pan e moita leña o inverno a ninguén empeña.
- En tempo mollado vende a la e deixa o fiado.
- Entre Santos e Navidade é inverno de verdade.
- Inverno de xeadas, moito gran e pouca palla.
- Non hai no inverno mal can nin ruín pólvora no verán.
- O gando no inverno quere estar ben mantido.
- O inverno come e non cría.
- O veranciño de san Martiño, ou grande ou pequeniño.
- Santos e Nadal, inverno camal.
- Sol de inverno sae tarde e ponse cedo.
- Un mes antes e outro despois de Navidade é inverno de verdade.