inversión
(< lat inversĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de inverter ou inverterse.
-
s
f
[FÍS]
Cambio de sentido da corrente eléctrica.
-
s
f
[MAT]
Transformación xeométrica do plano ou do espacio que, dado un punto O, denominado centro de inversión, e un número k, denominado potencia, fai corresponder a cada punto P outro punto P’, de maneira que O, P e P’ son aliñados, e os segmentos O--P e O--P’ completen a relación O--P· O--P’= k. A inversión é unha transformación isogonal.
-
s
f
[MAT]
Inferencia dunha proposición chamada inversa doutra chamada invertida, de maneira que o suxeito da primeira é o contrario da segunda. Só A e E dan inversos.
-
s
f
[MÚS]
-
Operación que afecta á disposición dun intervalo, elevando o son grave unha oitava ou baixando tamén unha oitava o son máis agudo.
-
Disposición dun acorde en que non coincide a nota máis grave coa nota fundamental.
-
-
[PAT]
-
s
f
Anomalía consistente no feito de que un ou máis órganos están no lado contrario ao que ocupan normalmente.
-
inversión uterina
Invaxinación do útero de maneira que a parte interna é convertida en externa polo descenso máis ou menos acusado do fondo do útero á cavidade uterina ou vaxinal.
-
s
f
-
[QUÍM]
-
s
f
Reacción pola que un composto se transforma no seu isómero oposto.
-
s
f
Reacción en que se inverte a configuración absoluta dun carbono asimétrico.
-
inversión de Walden
Secuencia de reaccións observada por primeira vez por Walden (1893) no ácido málico, a través da que unha substancia opticamente activa se transforma no seu enantiómero.
-
s
f
-
inversión cromosómica
[XEN]
Aberración cromosómica que consiste nunha inversión na orde de colocación da secuencia dun grupo de xenes.
-
inversión de fase
[FÍS]
Cambio de fase dunha onda en π radiantes.
-
inversión de mandos
[AERON]
Acción de mando contraria á desexada, que se produce nun avión cando o desprazamento dunha superficie de mando provoca unha deformación excesiva da estrutura.
-
inversión sexual
[PSIC]
Comportamento do individuo que rexeita como propios os papeis que lle foron asignados pola sociedade ao seu sexo. Pódese aplicar este termo á homosexualidade, ao travestismo e á transexualidade.
-
inversión térmica
[METEOR]
Fenómeno climático que consiste no aumento de temperatura do aire ao aumentar a altura, cando debería diminuír segundo o gradiente térmico normal.
-
zona de inversión
[FÍS]
Zona do semicondutor, nun dispositivo metal-illante-semicondutor, próxima ao illante onde se produce unha acumulación de portadores minoritarios que inverten o carácter eléctrico do semicondutor. Esta inversión prodúcese ao aplicarlle ao metal un potencial de signo positivo nun semicondutor de tipo p ou negativo nun tipo n.