Ió
Ió
[MIT]
Princesa do reino de Argos, descendente do deus-río Ínaco, fillo do Oceáno. Foi sacerdotisa de Hera e amante de Zeus, que a transformou en tenreira branca para protexela da ira e dos celos da deusa. Aínda así, Hera sospeitou e ordenoulle a Argos, o do cen ollos que custodiase o animal. Zeus tivo compaixón da súa amante, a quen visitaba ás veces en forma de touro e ordenou a Hermes que matara o guardián para liberala pero a deusa mandoulle un tabán que a entoleceu e perseguiu ata Exipto, onde recuperou a forma humana e deu a luz a Épafo, fillo de Zeus.