ionización

ionización

(

  1. s f [FÍS/QUÍM]

    Proceso de ruptura dos enlaces electrónicos nos átomos, que producen a formación de parellas de ións de cargas opostas. Os principais mecanismos de ionización son a colisión dos átomos ou moléculas con outros átomos ou ións, a interacción con algún tipo de radiación e a achega de calor.

  2. constante de ionización [FÍS/QUÍM]

    Constante do equilibrio da reacción de ionización dun ácido (K a ) ou dunha base de Brönsted (K b ) no disolvente.

  3. enerxía de ionización [FÍS/QUÍM]

    Enerxía necesaria para que un electrón ligado a un átomo ou a unha molécula poida escapar do sistema ao que pertence. Mídese en eV.

  4. ionización por choque [FÍS/QUÍM]

    Ionización dun átomo ou dunha molécula dun gas ou dun vapor producida cando unha partícula incide coa enerxía suficiente e lle fai liberar un electrón.

Palabras veciñas

iónico -ca | Ionio | ionizable | ionización | ionizante | ionizar | ionoforese