ironía

ironía

(< lat ironīa < grεἰρωνεία)

  1. s f

    Modo de expresión que consiste en dicir o contrario do que se pensa.

    Ex: A ironía do libro complica a súa lectura.

    Confrontacións: retranca.
  2. s f

    Ton de burla con que se di algo.

    Ex: Díxollo con ironía.

    Confrontacións: retranca.
  3. s f [FILOS]

    Procedemento interrogatorio empregado por Sócrates que, finxindo ignorar unha cousa, demostraba que tiña un coñecemento superior ao do seu interlocutor, que presumía de sabelo.

Refráns

  • A un mal preito, con retranca dáselle xeito.
  • Atar os cans con longaínzas.
  • Ben se entende o que falo, anque me fago o parvo.
  • Bo es, bo es, con tal que tras do lar non "estés".
  • Cando chove, é sinal de auga.
  • Deus fai, fai; pero non fai fillo sen pai.
  • Díxolle o burro ás coles: Pax vobis!
  • Ende chegando á aldea, logo se ven as casas.
  • Entre dous que ben se queren, con tal de que un coma, abonda.
  • Imola andando, que a festa vai boa.
  • Non hai mellor sinal de chuvia que vela caer.
  • Tan bo é Pedro coma o seu compañeiro.
  • Tan bo é Pedro coma Xan e tan bo é Xan coma Pedro.
  • ¡Gábate, po/a, que estás ben gorda para que te coman!!
  • ¡Gábate, po/a, que puxeches un ovo, e ese gr%!
  • ¡Gábate, pola! -Non podo de gorda
  • ¡Gábate, pola, que de poñer vés!