irremediable

irremediable

(< lat irremediabĭle)

adx

Que non se pode remediar.

Ex: A envexa das persoas é un mal irremediable.

Antónimos

Citas

  • A envexa das persoas é un mal irremediable.

Refráns

  • Non hai prazo serodio.
  • Ó enfornar tórcense os pans.
  • O feito non ten remedio e o por facer pide consello.
  • O mal que non ten remedio, esquecelo é o mellor medio.
  • Ó que está feito, peito.
  • O que non cae á maza cae á espadela.
  • Pita que o raposo leva, vai ben gandida.
  • Queira que non queira, o burro ha de ir á feira.
  • Sardiña que leva o gato, tarde ou nunca volve ao prato.
  • Sardiña que o gato leva, gandida vai.
  • Torto ou dereito, o que está feito está feito.