isótropo -pa
isótropo -pa
(< 1 iso- +-tropo)
adx
Aplícase ás substancias ou medios que presentan as mesmas propiedades físicas en todas as direccións. Unha substancia pode ser isótropa nada máis respecto a unha determinada propiedade. As substancias amorfas son xeralmente isótropas, e as cristalizadas no sistema cúbico sono respecto ás propiedades ópticas.