ístmico -a
ístmico -a
(
-
adx
Relativo ou pertencente a un istmo.
-
xogos ístmicos
[HIST]
Xogos instituídos por Sísifo ou por Teseo en honor de Posidón. A partir de 582 a C celebráronse no istmo de Corinto cada dous anos, nos meses de abril e maio, e contaban con competicións atléticas, hípicas e musicais.